_ _ _ _____ ___ __ __ _(_) | _(_)___ / ( _ ) / /_ ___ ___ _ __ ___ \ \ /\ / / | |/ / | |_ \ / _ \| '_ \ / __/ _ \| '_ ` _ \ \ V V /| | <| |___) | (_) | (_) | (_| (_) | | | | | | \_/\_/ |_|_|\_\_|____/ \___/ \___(_)___\___/|_| |_| |_|
A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e a India. Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.
No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos. A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.