_ _    _ _____  ___   __                       
 __      _(_) | _(_)___ / ( _ ) / /_   ___ ___  _ __ ___  
 \ \ /\ / / | |/ / | |_ \ / _ \| '_ \ / __/ _ \| '_ ` _ \ 
  \ V  V /| |   <| |___) | (_) | (_) | (_| (_) | | | | | |
   \_/\_/ |_|_|\_\_|____/ \___/ \___(_)___\___/|_| |_| |_|

Testemuñas de Xehová

Sede mundial das Testemuñas de Xehová en Warwick, U.S.A.

Testemuñas de Xehová é o nome dun grupo relixioso internacional que promove e practica unha relixión entendida polos seus adherentes como unha restauración do modo de vida e ideas orixinais dos primeiros cristiáns do século I. Basean as súas crenzas na Biblia, usando para iso preferentemente a New World Translation of the Holy Scriptures (edición publicada pola propia organización) aínda que tamén aceptan e citan outras traducións bíblicas. Para a interpretación e estudo empregan as publicacións editadas polas diferentes sociedades que os representan legalmente (denominadas comunmente como "Sociedade Watchtower"), cuxos exemplos máis coñecidos son as revistas The Watchtower Announcing Jehovah's Kingdom e Awake!, que tamén distribúen publicamente.

Historia

Orixinada a finais do século XIX en Estados Unidos, segundo o "Informe mundial das Testemuñas de Xehová: Ano de servizo 2016" están presentes en douscentos trinta e seis países e entidades territoriais. O total de individuos practicantes na organización é de 8 683 117(estatística de agosto de 2019).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas