_ _    _ _____  ___   __                       
 __      _(_) | _(_)___ / ( _ ) / /_   ___ ___  _ __ ___  
 \ \ /\ / / | |/ / | |_ \ / _ \| '_ \ / __/ _ \| '_ ` _ \ 
  \ V  V /| |   <| |___) | (_) | (_) | (_| (_) | | | | | |
   \_/\_/ |_|_|\_\_|____/ \___/ \___(_)___\___/|_| |_| |_|

Xaxún

Sopa de San Carlos Borromeo, cadro de Daniele Crespi.

Xaxún, ou xexún, é a abstinencia dalgunha ou de todas as comidas, e nalgún caso tamén da bebida, durante un período de tempo. O xexún tamén pode implicar a abstinencia de determinados tipos de alimentos, como a carne, e mesmo incluír a abstinencia sexual temporal. O xaxún pode realizarse por razóns relixiosas, médicas ou como forma de protesta (folga de fame).

O xaxún cristián ten a súa orixe na Biblia, practícano os católicos, os anglicanos, os ortodoxos e algunhas denominacións protestantes norteamericanas como a Igrexa Metodista Unida. As igrexas reformadas europeas critican o xaxún como algo puramente externo, sen relación coa salvación do individuo.

Os xudeus practican o xaxún durante sete días do seu calendario.

O xaxún tamén forma parte integral do hinduísmo aínda que está baseado en costumes locais ou crenzas persoais.

Os musulmáns practican o xaxún durante o mes de Ramadán, coa prohibición de comer, beber e ter practicas sexuais polo día.

Notas

  1. Xexún é considerada forma menos recomendable polo DRAG. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xexún.